Thursday 16 de May de 2024

Artesanía e Nadal irán mañán en Ordes da man no seu mercado de artesanía


Habilitaranse preto de 30 postos que mostrarán creacións feitas con todo tipo de materias, ademais de produtos de alimentación e agasallos

O Concello de Ordes acollerá mañá sábado un mercado de artesanía de Nadal. O lugar escollido para a súa localización é a Alameda, onde estes días se está a instalar unha gran carpa que acollerá aos case 30 postos dos que constará.
Entre o que se poderá adquirir haberá creacións feitas con la pura de ovella, pezas calcetadas e de gancho, coiro, sombreiros de palla, figuras en goma eva, xabóns, instrumentos musicais, bixutería e adornos e todo tipo de agasallos de Nadal. Ademais tamén se ofrecerán produtos de alimentación, como turróns ou embutidos.
A maioría dos participantes nesta primeira edición do mercado de Nadal proceden da comarca de Ordes, e permanecerán cos postos abertos dende as 11 ata as 20 horas aproximadamente.